Mouriño apúntase ao partido ante o Sporting B

Pontevedra
07 de abril 2016

O centrocampista, intervido cirurxicamente o pasado luns, completou o adestramento do mércores co grupo e ponse a disposición do técnico para o choque do domingo ante o filial asturiano

Adrián Mouriño nun adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe
Adrián Mouriño nun adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe

Sorpresa agradable para Luisito no adestramento deste mércores celebrado no campo de Príncipe Felipe.

O técnico do Pontevedra comprobou como Adrián Mouriño completou o adestramento co resto do grupo e ponse á súa disposición para o choque do próximo domingo (17:00 horas) ante o filial do Real Sporting de Gijón.

O centrocampista foi intervido cirurxicamente o luns en Vigo para drenar os restos do absceso hepático provocado pola apendicite que sufriu en decembro.

Tratábase dunha operación leve, cun prazo de recuperación corto que Mouriño empeñouse en demostrar. Dado de alta o mesmo luns, e co permiso dos médicos, incorporouse aos adestramentos tras perderse unha única sesión, a do luns, ademais do choque ante o Izarra.

Agora o futbolista granate deberá convencer a Luisito de que se atopa en perfectas condicións e pode achegar o seu gran de area para que o equipo logre o domingo tres importantes puntos.

Con Mouriño dispoñible, as baixas para este partido, salvo contratempo, serán as de Anxo e Pablo por sanción e Pablo Carnero e Capi por lesión, aínda que ambos, sobre todo o central, atópase xa preto de reaparecer.

HORARIO HABITUAL ANTE O CELTA B

O Pontevedra Club de Fútbol confirmou o horario da xornada 34 de liga, que lle enfrontará ao Celta B no Estadio Municipal de Pasarón. O partido disputarase o vindeiro domingo 17 de abril ás 17:00 horas.