Mouriño, de baixa tras ser operado de apendicite

Pontevedra
28 de decembro 2015

O centrocampista foi intervido de urxencia durante a madrugada deste luns no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, segundo informa o club granate nun comunicado

Mouriño no partido entre UD Logroñés e Pontevedra en Pasarón
Mouriño no partido entre UD Logroñés e Pontevedra en Pasarón

A volta ao traballo no Pontevedra Club de Fútbol, prevista para este luns 28 de decembro, chega cunha mala noticia para o técnico granate, Luisito, ao perder a un dos seus futbolistas clave para as próximas citas.

Adrián Mouriño foi intervido cirurxicamente de urxencia durante a madrugada debido a unha apendicite aguda.

O futbolista foi operado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde agora recupérase do proceso, segundo informou o Pontevedra nun comunicado.

Mouriño  "atópase en proceso de recuperación", explica o club, e seguirá "o correspondente tratamento médico posterior", cun período oficial de baixa aínda por determinar.

Deste xeito o centrocampista perderase con total seguridade o primeiro partido ligueiro do ano, o vindeiro domingo 3 de xaneiro en Burgos.