Mouriño, unha baixa inesperada para Izarra

Pontevedra
31 de marzo 2016

O centrocampista granate debe someterse a unha pequena intervención cirúrxica o luns, polo que ingresará no hospital o domingo e non poderá viaxar co resto do equipo a Navarra. A operación, derivada da apendicite que sufriu o pasado mes de decembro

Adrián Mouriño e Pablo Carnero nun adestramento en Pasarón
Adrián Mouriño e Pablo Carnero nun adestramento en Pasarón / Mónica Patxot

Confiaba Luisito a principio de semana non contar ante o Izarra con máis baixas que as coñecidas por lesión de Pablo Carnero e Capi, pero o adestrador granate atopouse cunha desagradable sorpresa.

Adrián Mouriño non poderá viaxar a Navarra co resto do equipo por culpa dunha intervención cirúrxica.

O centrocampista, que aínda estaba a recuperar o seu mellor estado de forma tras a apendicite que sufriu a finais de decembro, debe volver operarse para drenar os restos do absceso hepático derivado daquela convalecencia.

Trátase dunha leve intervención, pero Mouriño ten que ingresar nun hospital vigués o domingo para ser operado o luns, polo que a súa presenza ante o Izarra faise imposible.

Se todo sae segundo o previsto poderá retormar os adestramentos despois dun par de días de descanso.