Nace o Rías Baixas RC, que fusionará os equipos M16 e M18 do Pontevedra RC e Os Ingleses RC

Pontevedra
08 de xullo 2024

Ambas entidades decidiron impulsar o Rías Baixas Rugby Club, a denominación baixo a cal competirán as categorías M16 e M18 de maneira conxunta a partires da próxima tempada  

Partido entre Os Ingleses RC e o Pontevedra RC
Partido entre Os Ingleses RC e o Pontevedra RC / Os Ingleses RC

Dous dos equipos de referencia do rugby galego decidiron unir as súas forzas. Trátase do Pontevedra Rugby Club e Os Ingleses Rugby Club de Vilagarcía.

Ambas entidades optaron por impulsar o Rías Baixas Rugby Club, a denominación baixo a cal competirán as categorías M16 e M18 de maneira conxunta a partires da próxima tempada.

Aseguran que esta decisión adoptouse "na busca do crecemento dos nosos xóvenes xogadores e dos nosos clubs".

"Estamos seguros de que este paso reafirmará a boa relación que mantemos ambas entidades e dará continuidade e mellorará un vínculo deportivo que xa naceu hai varios anos", subliñan o Pontevedra RC e Os Ingleses RC nun comunicado.

Os detalles desta fusión desvelaranse en próximos días.

Os equipos sénior de ambos clubs quedan á marxe desta unión das categorías M16 e M18.