Nadiia Zholtikova, parada en Romanía na busca dun billete para o Europeo U17

Pontevedra
08 de maio 2025

O Club de Loita Pontevedra e a Federación Galega financian a participación da deportista no Torneo Internacional Constantin Alexandru & Ioan W. Popovici, en Bucarest

Nadiia Zholtikova
Nadiia Zholtikova / Federación Galega de Loita

É campioa de España U17 de loita na categoría de 49 quilos, pero a súa meteórica progesión e o seu gran rendemento non evitaron que quedase fóra da convocatoria do equipo español para participar no Torneo Internacional Constantin Alexandru & Ioan W. Popovici, proba clasificatoria para o Europeo U17.

Por ese motivo o Club de Loita Pontevedra e a Federación Galega decidiron financiar a participación de Nadiia Zholtikova na competición clasificatoria terá lugar do 8 ao 12 de Maio en Bucarest (Romanía).

Nadiia quedou fóra da lista da seleccionadora nacional ao incluír só a catro deportistas, do dez pesos de competición que exiten, e porque a representante do Club de Loita Pontevedra participará nun peso máis elevado ao habitual (53 quilos) para dar prioridade ao seu desenvolvemento e non provocar demasiadas baixadas de peso ao longo do ano.

En Bucarest Nadiia Zholtikova buscará pois neses 53 quilos pechar un billete para o Campionato de Europa que se celebrará no mes de xuño en Skopje, Macedonia.

Será ademais unha gran experiencia competitiva, xa que o Torneo Internacional Constantin Alexandru & Ioan W. Popovici vaise a celebrar no pavillón Polyvalent Hall Bucharest, sede de grandes eventos internacionais de loita.

Está prevista de feito a participación de 300 atletas de 20 países diferentes.