Hai un ano, na firma do acordo de patrocinio con Javi Gómez Noya, o alcalde de Pontevedra anunciou que os plans do goberno local era seguir avanzando na súa aposta polo tríatlon organizando nunha proba de media distancia.
Agora, Miguel Anxo Fernández Lores confirmou que xa negocian coa empresa Ironman para acoller na cidade un carreira 70.3 (1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21,1 de carreira a pé).
"Xa iniciamos conversas", explicou o rexedor da capital, grazas á mediación de Gómez Noya coa intención de "se puideramos organizalo en 2017 ou 2018".
De todos os xeitos estas negociacións atópanse aínda nunha fase inicial, recoñece Lores, á espera de concretar as condicións económicas para a súa celebración.
Ademais da repercusión que unha proba desta entidade tería en Pontevedra, o alcalde recoñeceu que o salto cara a un medio Ironman faise tamén "pensando que Javi pasará á media distancia".
Actualmente en España só Barcelona, Mallorca e Lanzarote acollen probas de categoría Ironman 70.3, mesmas localidades que contan con carreiras de longa distancia da franquía Ironman.