Nerea e Tania, baixas do Poio no seu desprazamento a La Rioja

Poio
13 de febreiro 2015

O partido dispútase este sábado ás 18:30 horas no Pabellón General Espartero de Logroño

Partido entre Poio FS e Ourense na Seca
Partido entre Poio FS e Ourense na Seca / Diego Torrado

O Pabellón General Espartero de Logroño recibirá este sábado (18:30 horas) a un Poio Fútbol Sala que busca a súa segunda vitoria consecutiva que lle permita consolidar a súa recuperación.

As vermellas visitan o Rioja FSF coas baixas de Tania por estudos e de Nerea Moldes por lesión, toda vez que os fisioterapeutas do club aconsellaron o seu descanso debido a unha sobrecarga muscular.

Sen elas Gonzalo Iglesias deberá pensar como parar a unha das máximas goleadoras da competición, Carmen, ou ás internacionais Bea Martín e Eva Ortega se quere lograr tres puntos que lle permitan ascender á oitava praza.

A convocatoria do Poio compóñena: Silvia, Irene, Charo, Jenny, Elena, Paloma, Claudia, Yoly e Raquel Souza.