Nico Conesa pon fin á súa etapa no Pontevedra CF

Pontevedra
05 de xaneiro 2026
Actualizado: 18:27

O centrocampista murciano deixa o club granate tras disputar tan só seis partidos nesta tempada na que chegaba ao Pontevedra

Nico Conesa, adestrando co Pontevedra 25-26 na Xunqueira
Nico Conesa, adestrando co Pontevedra 25-26 na Xunqueira / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol anunciou na tarde deste luns 5 de xaneiro a saída do xogador Nico Conesa, quen deixa de formar parte do plantel.

O centrocampista murciano, de 24 anos e procedente do Xetafe B, foi protagonista da terceira desvinculación do conxunto pontevedrés esta tempada, xunto a Pablo Hervías e Marcos Denia.

No seu paso polo Pontevedra CF, Nico Conesa disputou un total de seis encontros entre Liga e Copa do Rei.

Só foi aliñado en catro partidos de Liga, en ningún deles como titular, sumando apenas 58 minutos baixo as ordes de Rubén Domínguez.

O club quixo agradecer publicamente a súa profesionalidade, compromiso e actitude durante o tempo que vestiu a camiseta granate.

Ás tres baixas xa confirmadas no plantel ai que sumar tamén a ausencia de longa duración de Juanra despois de sufrir a grave lesión do cruzado.