O mozo deportista do Club Mace-Sport de Pontevedra, Nicolás Casas, parece que non ten teito despois de colgarse a medalla de ouro esta fin de semana no Open de Basauri, Biscaia.
Nico, que xa foi bronce no Campionato de España celebrado en Cartaxena hai case un mes, segue superándose a si mesmo en cada competición na que participa.
No caso do Open de Basauri, o pontevedrés tivo que superar a tres duros rivais que llo puxeron moi complicado, demostrando a súa gran madurez a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría cadete.