"No vamos a rendirnos", avisa o Teucro antes de recibir o Bidasoa

Pontevedra
15 de marzo 2019

Os azuis pide á afección "que no baje los brazos" no tramo final de tempada e non renuncia a tentar dar a sorpresa na visita este sábado (20:30 horas) ao Municipal do segundo clasificado da Liga Asobal

Rial, durante un adestramento do Teucro
Rial, durante un adestramento do Teucro / Mónica Patxot

A Sociedad Deportiva Teucro non quere "que nadie baje los brazos ni tire la toalla" no tramo final da tempada, aínda que a permanencia na Liga Asobal complicouse nas últimas semanas.

"Que todo el mundo tenga claro que no vamos a rendirnos", asegura Luís Montes, que se fixa no espello do Cangas o pasado curso, equipo que "en la jornada 21 estaba con 6 puntos a 6 de la salvación", mentres que "nosotros estamos sólo a 2 puntos".

O técnico ten claro que "queda mucho, 9 partidos, 18 puntos por disputar y vamos a tener nuestras opciones".

A primeira oportunidade para sumar chega este sábado (20:30 horas) cun encontro complicado no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Bidasoa, segundo clasificado e "después del Barcelona la mejor defensa de la liga", opina Montes.

As baixas volverán ser unha dor de cabeza para os azuis, con Iván Fernández e Moyano descartados, ademais de Cangiani e Quintas. No caso de Moyano ademais as sensacións "no son buenas" e podería adiantar a data da operación que debe afrontar para solucionar a súa doenza no menisco.

Pola súa banda tanto Javi  Santana como Rial non puideron adestrar con normalidade pola semana, pero tentarán forzar para axudar aos seus compañeiros.

O encontro entre Teucro e Bidasoa no Municipal pontevedrés será arbitrado por Alberto Rodríguez Rodríguez e Óscar Raluy López.