Notable papel dos nadadores do Galaico no Nacional Infantil e Júnior por Autonomías

Pontevedra
04 de febreiro 2015

Nueria Erselle, Águeda Consa, Daniel Sánchez e Juan David Hernández representaron o club pontevedrés dentro da Selección Galega, que rematou o campionato na cuarta posición

Nadadores do Galaico no Nacional Infantil e Júnior por autonomías
Nadadores do Galaico no Nacional Infantil e Júnior por autonomías

Castelló acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España de Natación Infantil e Júnior por Autonomías, con presenza de catro deportistas do Club Natación Galaico dentro da Selección Galega.

O máis destacado deles foi Juan David Hernández, terceiro clasificado no 200 braza e cuarto nos 100 braza en categoría infantil.

Ademais Águeda Cons foi sexta nos 400 e os 800 libre, Nuria Erselle novena nos 100 costas e décimo cuarta nos 200 libre e Daniel Sánchez foi undécimo nos 100 costas e duodécimo nos 400 estilos.

O Galaico foi o club que achegou máis nadadores a unha Selección Galega que finalizou no cuarto lugar da clasificación absoluta con 928 puntos tras Cataluña (1.315), Madrid (1.226) e Andalucía (1.208).