Noveno posto para Carmen Gómez nos Xogos Olímpicos da Xuventude

Pontevedra
17 de agosto 2014

A triatleta pontevedresa protagonizou unha boa carreira en Nanjing (China) manténdose sempre no grupo de cabeza para finalizar entre as dez primeiras. A autraliana Brittany Dutton fíxose coa vitoria

Carmen Gómez nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Nanjing
Carmen Gómez nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Nanjing

Destacada actuación de Carmen Gómez Cortés na segunda edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade que se están dispuntando na localidade chinesa de Nanjing.

A triatleta pontevedresa meteuse no Top-10 na proba disputada na madrugada deste domingo na contorna do Lago Xuanwu nun circuíto complicado e técnico as choivas previas á competición.

Carmen mantívose sempre no grupo de cabeza. Saíu do auga, tras completar 750 metros de natación, na sétima posición a 15 segundos da líder, enlazando coa cabeza na primeira das catro voltas do sector ciclista (20 quilómetros).

Formouse entón un grupo de seis triatletas ata que pouco antes de chegar á transición as perseguidoras lograron enlazar. Por diante só estaba a australiana Brittany Dutton, que se escapou e que logrou manter esa vantaxe na carreira a pé (5 quilómetros) para facerse co triunfo final.

Pola súa banda Carmen Gómez terminou o T2 no posto duodécimo, pero logo de manter un ritmo regular no sector de carreira a pontevedresa ascendeu á novena praza final cun tempo de 1:02:07.

Stephanie Jenks (EEUU) e Emilie Morier (Francia) completaron o podio.