Novo curso para o Centro de Estudos Jesús Morlán de Verducido

Pontevedra
24 de xuño 2020

A Federación Galega de Piragüismo pon en marcha un novo curso académico no Centro de Estudos de Ensinos Especiais Jesús Morlán Fariña situado no Complexo Deportivo David Cal de Verducido

Centro de Estudos de Ensinos Especiais Jesús Morlán en Verducido
Centro de Estudos de Ensinos Especiais Jesús Morlán en Verducido / Federación Galega de Piragüismo

A Federación Galega de Piragüismo acaba de poñer en marcha o proceso para un novo curso académico no Centro de Estudos de Ensinos Especiais Jesús Morlán Fariña, situado no Complexo Deportivo David Cal de Verducido. 

A galega é unha das poucas federacións que contan cun centro propio de ensino, dirixido principalmente aos propios clubs de piragüismo pero tamén para persoas relacionadas co turismo activo.

Segundo confirmou o organismo federativo, os interesados en participar nalgún dos cursos de formación terá de prazo ata o 25 de setembro para inscribirse nas probas de acceso, que terán lugar á súa vez o 6 de outubro.

Este centro imparte clases para os títulos de Grao Medio de Técnico Deportivo de Piragüismo en Augas Tranquilas, Grao Medio de Técnico Deportivo de Piragüismo en Augas Bravas, Grao Medio de Técnico Deportivo de Piragüismo Recreativo e Guía de Augas Bravas, e Técnico Deportivo Superior de Piragüismo en Augas Tranquilas.