Poio Pescamar e Ourense Envialia volverán ver unha vez máis as caras esta tempada, nesta ocasión na segunda volta de competición da liga de Primeira División.
Será a cuarta vez esta campaña que ambos os equipos se enfronten, aínda que a primeira que o farán no pavillón ourensán dos Remedios (sábado 17:00 horas, TVG2).
Previamente, demostrando a igualdade entre ambos, o Ourense venceu 2-3 en liga na Seca, pero perdeu 3-1 nos oitavos de final da Copa da Raíña, mentres que no recente choque de ida das semifinais de Copa Galicia o resultado foi de 0-0.
As vermellas chegan á cita ligueira despois de recuperar a quinta posición da liga, aínda que xa moi lonxe da cuarta praza que ocupa o Alcorcón. Pola súia banda o Ourense é terceiro a 3 puntos do segundo debido a que ocupa o Burela.
Raúl Jiménez conta con recuperar para a cita á gardameta Silvia Aguete, tras descansar a pasada fin de semana por precaución polo golpe na cabeza que sufriu en Copa Galicia.