Novo triunfo do Leis, que pon velocidade de cruceiro

Pontevedra
12 de outubro 2015

Os pontevedreses venceron na casa o Universidad de Valladolid e mantéñense no coliderado de Segunda B logo de catro xornadas de liga  

Partido entre Leis e Universidad de Valladolid no Municipal
Partido entre Leis e Universidad de Valladolid no Municipal

Non puido empezar mellor a tempada para o Leis Pontevedra na Segunda División B de fútbol sala.

O conxunto pontevedrés mantén o pulso ao Noia no coliderado logo de catro xornadas, empatado á fronte da táboa con 10 puntos sen coñecer a derrota.

O equipo adestrado por Manu Cossío impúxose no Municipal ao Univerdidad de Valladolid (3-1) nun partido traballado pero no que o resultado puido ser máis amplo.

O Leis saltou á pista con intensidade e presión alta, pero non foi ata o minuto 16 cando logrou recompensa adiantándose cun gol de Gabi. Antes do descanso chegaría o segundo, obra de Miguel.

Na segunda metade os visitantes apertaron na busca da remontada, pero o Leis sentenciou no minuto 38 co 3-0 de Borja. O 3-1 chegaría xa no minuto 39 cun dobre penalti transformado por Adri.