O actor pontevedrés Francis Lorenzo felicita o Mareantes polo Nadal

Pontevedra
20 de decembro 2021

O intérprete é o protagonista dun vídeo no que se lle pode ver xogando con deportistas da base do conxunto lerezano en pleno centro histórico da Boa Vila

Xogadores da base do Mareantes Mareantes

É época de Nadal e tamén o momento de desexarse felices festas e próspero 2022. E unha das felicitacións máis orixinais foi a que lle dedicou o actor pontevedrés Francis Lorenzo ao equipo de rugby do Mareantes.

"Para os meus amigos do Mareantes, orgulloso polo que fan, o meu equipo de rugby preferido. Un forte  abarazo a todos", di o intérprete nun vídeo no que se lle pode ver, a continuación, xogando co balón  ovalado con varios integrantes das categorías inferiores do club en pleno centro histórico de Pontevedra.

Coa clásica panxoliña de  Mariah  Carey de fondo, a peza conclúe co desfile dunha charanga integrada por membros do club polas rúas da zona vella da capital.