O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)

Marín
04 de marzo 2023

O Alcorcón levou o duelo contra o Marín Futsal pola mínima tras 40 minutos igualados nos que as ocasións brillaron pola súa ausencia  

Partido entre Marín Futsal e Alcorcón na Raña
Partido entre Marín Futsal e Alcorcón na Raña /

O Alcorcón levou o duelo contra o Marín Futsal pola mínima tras 40 minutos igualados nos que as ocasións brillaron pola súa ausencia.

Comezou o partido equilibrado entre unhas e outras, que se intercambiaban chegadas a área rival pero sen excesivo perigo nos remates. As rotacións sucedíanse continuamente e alto ritmo marcaba o paso dos minutos, pero nin oleiras nin marinenses eran capaces de desnivelar a balanza ao seu favor.

Despois do paso polos vestiarios chegaron as oportunidades máis claras. Avisou Marta Nuño para o Alcorcón e Ceci para o Marín, pero foi aos 5 minutos cando, de falta directa, Tania adelataba ás locais.

Optou Ramiro Díaz polo xogo de cinco a falta de cinco para o final, pero pronto se cubriu coas cinco faltas. As locais, pola súa banda, defendían sen problemas e só nos instantes finais axexaron a portería de Silvia Aguete.

Alcanzouse así a recta final na que Bea Mateos tivo o empate e Nere Moldes enviou un remate ao pau. O marcador non se moveu máis e o partido concluíu en 1-0.

AD ALCORCÓN (1): Estela; Aída de Miguel, Laura Oliva, Clau Lólpez e Marta Nuño (quinteto inicial). Tamén xogaron, Nere Moldes, Laura Sánchez, Albita, Carmen Alonso, Tania Benito e Pepa.

MARÍN FUTSAL (0): Silvia Aguete; Ceci, Ale de Paz, Pau e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron Café , Bea Mateos, Inés Mayán, Adri e Lara Balseiro.

Goles: 1-0, min. 25 Tania.

Incidencias: Los Cantos. Colexiados, Mayo López e Panadero Díaz-Concha. Amoestaron a Tania, Marta Nuño no Alcorcón e Silvia Aguete, Lara Balseiro, Bea Mateos, Ale de Paz no Marín.