O Alxeciras, un visitante que foxe do descenso coa defensa en cadro

Pontevedra
09 de marzo 2023

O equipo adestrado por Iván Ania visita o sábado Pasarón cun punto de vantaxe sobre o descenso e a ausencia de tres dos seus catro centrais

Partido de liga entre Alxeciras e Pontevedra no estadio Nuevo Mirador
Partido de liga entre Alxeciras e Pontevedra no estadio Nuevo Mirador

A acumulación de baixas non afecta unicamente ao Pontevedra. O próximo rival dos granates chegará este sábado a Pasarón cun crebacabezas que resolver para unha liña defensiva á que lle faltan pezas. O Alxeciras, que marcha décimo cuartos na táboa cun punto de vantaxe sobre o descenso, afrontan un encontro transcendental para as aspiracións de permanencia de ambos os equipos. 

Mentres os de Juan Señor van aos poucos deixando atrás unha praga de lesións que impediu ao equipo render da mellor maneira nos meses de xaneiro e febreiro, Iván Ania terá que facer malabarismos para conformar unha liña defensiva solvente na súa visita a Pasarón. E, precisamente, a protección da súa portería é un dos puntos débiles do equipo gaditano, que é o terceiro que máis tantos encaixa da categoría.

En Pasarón non poderá contar cos centrais lesionados Jordi Figueras e Admonio Vicente, titular desde a súa chegada no mercado invernal. Tampouco estará dispoñible Isaac Amoah, sancionado, polo que o técnico asturiano só terá á súa disposición a Nico van Rijn como especialista no centro da defensa. O outro posto podería ocupalo o canteirán Curro ou converter ao lateral Carlos Albarrán.

Doutra banda, o Alxeciras recupera ao lateral esquerdo Tomás Sánchez despois de cumprir na Malata o seu partido de sanción por acumulación de amoestacións.

Por esa mesma razón, non poderá regresar a Pasarón o exgranate Mario Ortiz, que nos últimos partidos gañouse un posto como titular no centro do campo algericeño.

Os que se estarán dispoñibles para Iván Ania son os seus dous máximos goleadores. O atacante Álvaro Romero, que suma 10 tantos que o converten no segundo máximo goleador do grupo, e o punta Roni, autor de cinco goles; son as principais ameazas do ataque gaditano.

Unha serie de contratempos que o Pontevedra tratará de aproveitar para reengancharse á carreira pola permanencia. O Pontevedra marcha en última posición da liga con 22 puntos, a seis da salvación. Unha vitoria contra o Alxeciras, non só achegaría aos de Señor a 8 puntos dun rival directo, senón que lle permitiría gañar o goalaverage que podería resultar decisivo á hora de adxudicar as prazas de descenso nun vagón que se aperta máis e máis cada con cada xornada que pasa.