O Arosa achégase á cuarta praza, o Ribadumia gaña tranquilidade e o Villalonga non reacciona

O Salnés
08 de abril 2018

A xornada de Terceira División completouna o Céltiga co seu empate en Somozas segue en zona de perigo por posible arrastres

Partido entre Arosa e Choco na Lomba
Partido entre Arosa e Choco na Lomba / Diego Torrado

Importante vitoria a conseguida este domingo polo Arosa para manterse na pelexa por entrar no play-off de ascenso á Segunda División  B.

O conxunto arlequinado impúxose a domicilio ao Cultural de Areas (1-3) nun duelo que madurou e no que decidiu tras o descanso.

Adiantouse o Arosa aos 12 minutos de xogo por medio de Marcos, aínda que o Areas logrou igualar xusto antes do descanso. Os de Jorge Otero devolveron o golpe 2 minutos despois da continuación e tiveron que empregarse a fondo ata os minutos finais, cando Carlos sentenciou co definitivo 1-3.

Coa vitoria o Arosa sobe á sexta praza e recorta a só un punto a súa distancia co terceiro e cuarto clasificado.

Consulta a acta do Cultural Areas-Arosa.

Tres puntos para a tranquilidade do Ribadumia, que se impuxo na Senra ao Arenteiro nun encontro de resultado incerto ata o final (1-0).

Os aurinegros venceron a un rival directo e toman unha importante vantaxe non só coa zona de descenso directo, senón coa de posibles arrastres a final de tempada.

Con todo o triunfo chegou nunha acción afortunada, aos 69 minutos de xogo, cun gol en propia porta de Dani Portela. Tras o tanto o Ribadumia conseguiu defender o resultado con acerto.

Este triunfo deixa ao equipo da Senra na duodécima posición da Terceira División con 40 puntos.

Consulta a acta do Ribadumia-Arenteiro.

Non levanta cabeza o Villalonga, que ve preto o seu descenso a Preferente despois de caer no campo do Laracha (2-0).

Os celestes non conseguiron dar continuidade ao seu último triunfo a pesar de manterse no choque ata o último cuarto de hora, cando o Laracha declinou a balanza ao seu favor con goles no 79 e o 84 de xogo.

Tras a derrota o Villalonga segue como pechacancelas do grupo con 21 puntos, a 10 da salvación.

Consulta a acta do Laracha-Villalonga.

Cuarta xornada sen gañar do Céltiga, que a pesar diso conseguiu frear a domicilio a un dos equipos da zona alta como é o Somozas (0-0).

Un empate sen goles que fai ao equipo da  Illa estar na décimo terceira posición con 35 puntos, preto dos postos de perigo.

Consulta a acta do Somozas-Céltiga.