O Arosa aproveita a resaca copeira do Bergantiños para asaltar as Eiroas e facerse cun botín de tres puntos que vale despedir o ano en postos de fase de ascenso a Segunda B.
Os de Rafa Sáez adiantáronse no marcador pasado o minuto 20 por medio de Jorge Sáez. Unha vantaxe que o cadro local puido neutralizar por medio de Cano, no minuto 35.
Ao fío do descanso, o conxunto arousán volveu aproveitar a súa oportunidade para asestar un novo golpe ao Bergantiños grazas ao tanto de Rober.
Aos cinco minutos da continuación, o dianteiro Pedro Beda deu a puntilla á escuadra coruñesa anotando o terceiro tanto para os seus.
Nos compases finais do encontro, o Arosa quedou cun xogador menos despois de que Pedro García vise a segunda tarxeta amarela. Cun máis, o Bergantiños tentou unha remontada que finalmente non chegou.
FICHA TÉCNICA
Bergantiños: Cristopher; Toni, Aarón, Iago López, Marcos Rodrígez, Agulló (Jonatan Martín, min. 81), Cano, Diego, Rivera Remeseiro, min.66), Yelco y Duque.
Arosa: Táboas, Adrián Gómez, Cotilla. Pedro García, ALberto Trapero, Iago Martínez, Javi Otero, Manu Rodríguez, Pedro Beda (Julio Rey, min. 79), Jorge Sáez (Carlos Riveiro, min. 83) y Roberto Fernández (Jesús Martínez, min. 66).
Goles. 1-0, min.22 Jorge Sáez. 1-1, min. 35, Cano. 1-2, min 43, Rober. 1-3, min 51 Pedro Beda.
Árbitro: Miguéns Santiago, amonestou ao adestrador Borja Lema e Marcos Rodríguez, do Bergantiños; e a Javi Otero, Pedro García e Trapero, do Arosa. Expulsou no minuto 81 a Pedro García por doble amarelo.
Incidencias: Partido disputado no estadio As Eiroas correspondente á xornada número 17 do grupo I de Tercera División