O Arosa, contra o cansazo na visita da Gimnástica Segoviana

O Salnés
11 de febreiro 2022

O cadro arlequinado, sen apenas descanso tras recuperar perdida xornada entre semana, recibe este sábado (19.00 horas) na Lomba a un rival directo, unha Gimnástica Segoviana que con tres puntos menos ocupa o posto de promoción de permanencia

Jorge Otero no partido entre Arosa e Salamanca CF UDS na Lomba
Jorge Otero no partido entre Arosa e Salamanca CF UDS na Lomba / Cristina Saiz

Sen apenas descanso tras recuperar xornada perdida entre semana na casa do Arenteiro, o Arosa afronta un novo compromiso na Segunda RFEF e faino ante outro rival directo pola permanencia.

Este sábado (19.00 horas) visita A Lomba a Gimnástica Segoviana, equipo que con tres puntos menos na táboa ocupa actualmente o posto de play-out, empatado co descenso directo.

Trátase por tanto dun encontro vital para as aspiracións dos de Jorge Otero, que espera "un partido duro e difícil polos dous que levamos, pero creo que o premio é moi importante como para non facer un esforzo enorme".

O técnico dos de Vilagarcía pide apoio á afección porque "os imos a necesitar" para conseguir "tres puntos que serían importantísimos".

O pouco descanso verase reflectido no once inicial que ten na cabeza Otero, xa que o preparador anuncia que "posiblemente cambiemos" introducindo homes de refresco porque "hai xogadores que levan moitos partidos".

O encontro na Lomba entre Arousa e Gimnástica Segoviana será arbitrado polo asturiano Eduardo Rodríguez García.