O Arosa deixa escapar en dous minutos un partido que tiña case gañado ante o Choco (2-2)

O Salnés
08 de marzo 2015

Apaixonante e apertada a loita polo cuarto posto da clasificación. Choco e Arosa presentábanse como dous dos candidatos a esa praza de play-off e remataron repartindo puntos en Santa Mariña, nun partido que os visitantes tiñan case gañado, pero que se deixaron empatar en apenas dous minutos, na recta final

Os xogadores do Arosa celebran un gol nun partido na Lomba
Os xogadores do Arosa celebran un gol nun partido na Lomba

Apaixonante e apertada a loita polo cuarto posto da clasificación. Choco e Arosa presentábanse como dous dos candidatos a esa praza de play-off e remataron repartindo puntos en Santa Mariña, nun partido que os visitantes tiñan case gañado, pero que se deixaron empatar en apenas dous minutos, na recta final. Aínda así, os de Piscis aproveitan as picadas de ÿrdenes e Rápido de Bouzas para erguerse a ese cuarto lugar, ao que aspiran nada menos que oito equipos na curta marxe de seis puntos.

Os de Piscis vencían por dous goles a só sete minutos do final, despois dunha primeira parte igualada, na que o Choco dispuxo da mellor ocasión, cun remate de Xosé ao pau, pero o Arosa lograba irse ao descanso con vantaxe, grazas a un remate de Adrián Camiño, no último minuto, que non puido atallar Cortegoso.

Cando se cumpría a hora de partido, o Arosa ampliaba diferenzas, tras unha falta lanzada por Adrián Camiño, que rematou Rivas. O partido parecía resolto, pero Félix metía o Choco no partido e dous minutos máis tarde Comis empataba cun remate xunto ao poste.

CD CHOCO (2): Cortegoso; Yago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati, Fernando, Pablo Piñeiro (Gonza, min. 53), Xosé (Comis, min. 66), Félix, Hugo e Silva.

AROSA SC (2): Lucas; Juanjo, Freire, Martín, Juan Rodríguez, Rivas, Eloy (Nano, min. 78), Pablo (Rubén, min. 71), Quique Cubas, Adrián Camiño e Yago Pérez (Padín, min. 89).

Árbitro: Sergio Espasandín Cores (A Coruña), auxiliado nas bandas por Eduardo Rodríguez Penas e Manuel Carreira Parrado. Amoestou a Silva, Hugo e Félix, polos locais, e a Juanjo, Rubén e ao técnico, Piscis, polos visitantes.

Goles: (0-1) Minuto 44: Adrián Camiño. (0-2) Minuto 60: Rivas. (1-2) Minuto 83: Félix. (2-2) Minuto 85: Comis.

Incidencias: Campo Municipal de Santa Mariña (Redondela). Uns 350 espectadores.