O Arosa inicia o seu camiño ao ascenso con derrota ante o Polvorín (1-0)

O Salnés
04 de abril 2021

O Arosa arrincou o seu camiño ao ascenso con derrota a domicilio ante a Polvorín. O esperado duelo, saldouse con vitoria polo mínima do filial do Lugo e deixa aos de Vilagarcía quintos con 41 puntos

Ross no partido entre Ribadumia e Arosa na Senra
Ross no partido entre Ribadumia e Arosa na Senra /

O Arosa arrincou o seu camiño ao ascenso con derrota a domicilio ante a Polvorín. O esperado duelo, saldouse con vitoria polo mínima do filial do Lugo e deixa aos de Vilagarcía quintos con 41 puntos.

Os de Rafa Sáez tiveron complicacións para conseguir os tres puntos na Cheda, onde non gozaron de claras ocasións e acabaron cedendo a vitoria. Ademais, perden a Pedro García para o partido contra o Bergantiños por acumulación de tarxetas. 

Pola súa banda, os locais protagonizaron algunha que outra chegada á área de Álex Cobo pero sen grandes opcións de perigo ata chegada a segunda metade.

Cando se alcanzou o minuto 70 de xogo, Diego Novo enviou un pase cara atrás onde estaba Dani Vidal, que recibiu para sacar un disparo a enviouna á rede e desequilibrou a balanza, colocando o 1-0 co que finalizou o encontro.

Consulta a acta da Polvorín-Arosa