O Arosa inicia unha campaña histórica

O Salnés
27 de xullo 2021

O equipo adestrado por Jorge Otero inicia a pretemporada no campo Manuel Jiménez á espera da chegada de dúas fichaxes para pechar o plantel

Primeiro adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF
Primeiro adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF

Primeiro paso do Arousa nunha campaña histórica na que o cadro de Vilagarcía debutará na categoría 2ª RFEF despois de lograr o ascenso desde Terceira División na tempada recentemente finalizada. Rafa Sáez, o técnico do ascenso, deu o salto á dirección deportiva e cedeu o seu sitio no banco a Jorge Otero, que este martes dirixiu o primeiro adestramento dun plantel practicamente pechado que ultima a chegada de dúas novas fichaxes para afrontar con garantías o reto de acadar, polo menos, a permanencia.

Nesta primeira toma de contacto posterior a unha rolda de recoñecemento médico á que se someteu todo o plantel, Otero tivo ás súas ordes a 18 xogadores do primeiro plantel: os renovados Manu Táboas, Álex Cobo, Javi Fontán, Javi Piay, Alberto Campillo, Martín Ross, Sergio Cotilla, Pedro García, Oumar Sidibé, Mon Vives, Julio Rey, Róber Fernández, Jorge Fajardo e Pedro Beda; as fichaxes Diego Diz, Luismi Rincón, Luís Nuño e Pablo Porrúa; e os xuvenís Miguel Fernández (centrocampista), Gabriel Alonso (centrocampista), Álex Rodríguez (lateral esquerdo) e David Conde (porteiro), que é baixa temporalmente por lesión. aínda que este último aínda non se incorpora aos adestramentos porque está a se recuperar dunha lesión.

Tamén están citados para realizar a pretemporada co primeiro equipo o centrocampista Rodrigo Lijó, que procede dos xuvenís, e o dianteiro da Illa de Arousa Toño Otero, que a pasada tempada militou no Compostela xuvenil.

A partir do xoves, o plantel comezará a traballar en dobre sesión no campo da Lomba, recinto no que cada un dos futbolistas pasarán pola consulta da nutricionista Marta Costa.

De forma paralela, a actividade nos despachos non cesa. O director deportivo, Rafa Sáez, ultima a incorporación de dous novos xogadores para o primeiro equipo. Un deles será un defensor sub 23 que, informan desde o club, podería oficializarse esta mesma semana. A última e definitiva peza do cadro arlequinado será un xogador de liñas máis adiantadas podería chegar nas últimas xornadas do mercado. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora