O Arosa pecha a pretempada cunha derrota en Caldas (1-0)

O Salnés
16 de agosto 2015

Tras encadear boas actuacións durante parte da pretempada, os de Piscis pechan o período de preparación con dúbidas despois de perder no Trofeo de San Roque

Partido amigable entre Caldas e Arosa
Partido amigable entre Caldas e Arosa /

Chegaba o Arosa á cita tras unha boa pretempada, no que o único borrón fora a derrota ante o Villalonga pero na que dobregara o Compostela ou empatara co Coruxo, entre outros.

Non obstante as boas senciones deixaron paso a certas dúbidas tras a actuación do cadro arlequinado no seu último amigable antes do inicio da liga, o Trofeo San Roque de Caldas de Reis.

Os de Piscis cederon pola mínima (1-0) ante un motivado Caldas, que milita na Primeira Rexional.

Na primeira metade o Arosa dominou a posesión e gozou dalgunha ocasión clara, pero o Caldas defendeuse con solvencia e mesmo deu un bo susto antes do descanso cun potente disparo de Lucas.

Tras o descanso os locais melloraron e aínda que a posesión seguía sendo dos de Vilagarcía lograron adiantarse no marcador nunha indecisón de Lucas na saída.

Picis deu entrada entón a Camiño, Hugo Soto e Sylla, pero o seu equipo non foi capaz de voltear o marcador, aínda que si contou con claras ocasións.