O Arosa pon fin a dúas malas xornadas cun empate ante o Ourense (1-1)

O Salnés
28 de outubro 2018

Pola súa banda,o Ribadumia non logrou plantarlle cara ao Somozas (0-1) e o Céltiga empatou ante o Arenteiro en Carballiño (1-1)

Partido entre Arosa e Ribadumia na Lomba
Partido entre Arosa e Ribadumia na Lomba

O Arosa pon punto final a dúas malas xornadas de derrotas cun empate que sabe a vitoria ante un rival directo, o Ourense. Nesta ocasión, o conxunto pontevedrés xogou no campo de San Rosendo como visitante. Este punto supón para eles manterse na quinta posición da táboa, aínda que por detrás e empatado co seu rival nesta décima xornada.

A igualdade foi a tónica do partido. Tanto foi así, que non foi ata o minuto 44 da primeira metade que o Arosa púxose por diante no marcador cun gol de Alassane Sylla de penalti. Desta forma, o cadro visitante foise ao descanso con vantaxe (0-1).

A segunda parte, máis do mesmo. Aínda que o encontro continuou moi equilibrado, o Ourense conseguiu alcanzar aos pontevedreses no marcador ao pouco de soar o asubío inicial. Foi no minuto 57, que un gol de José Goméz estableceu o 1-1 co que terminaría o partido, xa que ningún dos dous equipos logrou darlle unha volta ao xogo e levarse a casa a vitoria.

Consulta a acta do Ourense-Arosa.

Pola súa banda, o Ribadumia non logrou plantarlle cara ao Somozas na Senra. Desta forma, o cadro arousán suma a súa segunda derrota consecutiva e consolídanse na oitava posición da táboa.

Alejandro Díaz anotou o gol da vitoria no 33' da primeira metade, algo ao que os locais xa non lograron poñerlle remedio para darlle a volta ao marcador e, polo menos, igualar o xogo. Así foi que a igualdade entre os dous equipos durante a segunda parte fixo que o resultado quedase no 0-1 para os visitantes.

Consulta a acta do Ribadumia-Somozas.

O Arenteiro comezou dominando o encontro ante o Céltiga, pero foron os isleños os que se adiantaron aos nove minutos con un gol de Juanín, e así se foron ao descanso.

Non foi ata o minuto 72 cando Capi marcaba en propia meta igualando o partido. Uns minutos despois, a sete do termo do encontro, o Arenteiro veríase obrigado a xogar cun home menos no campo, José García, por expulsión. E foi algo que non aproveitaron os visitantes para tratar de levar os tres puntos da xornada.

Consulta a acta do Arenteiro-Céltiga.