O Arosa presenta á súa primeira fichaxe, Sergio Cotilla 'Coti'

O Salnés
03 de xullo 2019

O lateral zurdo, de 27 anos, procede do Rápido de Bouzas, con quen xogou as dúas últimas tempadas na Segunda División chegando a lucir o seu brazalete de capitán

Sergio Cotilla 'Coti', na súa presentación co Arosa
Sergio Cotilla 'Coti', na súa presentación co Arosa

O segundo proxecto do Arosa con Rafa Sáez no banco empeza a tomar forma sumando as primeiras fichaxes ás renovacións.

O club arlequinado presentou este mércores á que é a súa primeira incorporación estival, Sergio Cotilla 'Coti'.

O lateral zurdo vigués conta cunha dilatada experiencia tanto en Terceira División como na Segunda División B, categoría na que xogou as dúas últimas campañas nas filas do Rápido de Bouzas. De feito Coti, indiscutible no once inicial do equipo na última liga, chegou a portar o brazalete de capitán.

Coa súa fichaxe o Arosa suma peso á súa liña defensiva cun xogador que, aos seus 27 anos, aínda conta con moito fútbol nas súas pernas.

 

Esta noticia súmase ás renovacións de Julio Rey, Manu Rodríguez, Pacheco, Javi Otero, Suso Martínez e Manu Táboas, ademais da Manu Rodríguez e Carlos Torrado que contan con vinculación co club.