Quedan só seis xornadas para que conclúa a Terceira Federación e o Arosa segue demostrando ser digno merecedor de estar en postos de play-off despois de rascar un empate en casa do líder Bergantiños, que afronta a recta final da tempada en cómoda posición para conseguir o ascenso.
O partido fun moi igualado e apenas houbo ocasións, sendo a máis clara do conxunto arlequinado unha de Sylla.
Cos cambios, o equipo de Luisito veu arriba e mellorou sobre todo en ataque, pero ningún equipo foi capaz de mover o marcador e o partido concluíu nun empate sen goles.
O seguinte encontro do Arosa será na Lomba contra o Pontevedra B.
Consulta a acta do partido entre Bergantiños e Arousa nesta ligazón