Tres puntos para manter distancia co cuarto posto. O Arosa gañou en Vista Alegre ao Órdenes, con goles de Aitor Díaz e Sylla e segue a catro puntos do Deportivo B, que logrou gañar ao Ribadumia na Senra.
Os arosistas controlaron o partido no seu maior parte e só sufriron ao final, cando o equipo local conseguiu reducir diferenzas, levando a incerteza polo resultado ata o asubío final.
No minuto 16 chegou a primeira ocasión arlequinada. Lanzamento de falta de Camiño desde uns 20 metros que se vai desviada por pouco. Xusto antes do descanso o Arosa tería a chegada máis clara do primeiro tempo, nun balón que lle chega a Sylla, leste regatea ao porteiro e cando dispara a porta baleira un defensor local interponse para evitar o gol.
Á volta de vestiarios o Arosa non tardou mais que un minuto en marcar. Fíxoo tras un corner que Aitor Díaz rematou de cabeza, conseguindo o cuarto gol da súa conta particular esta tempada. O gol facía xustiza ao visto ata ese momento no partido.
Os visitantes seguiron xerando perigo e tras unha gran acción colectiva Sylla facía o 0-2, no minuto 61.
Reaccionou o Órdenes, que pasou a dominar os últimos minutos do partido e recortou distancias a falta de quince minutos cun gol de Marcos André, nunha acción embarullada na área grande. Nos últimos compases o Arosa sufriu pero tamén dispuxo dalgunha ocasión para facer o terceiro.
Consulta aquí o acta do partido.