O arosismo chora o pasamento do directivo Jose Luís Romero

O Salnés
08 de agosto 2023

O club destaca o traballo e compromiso que o directivo tivo sempre co equipo do seu corazón

Jose Luis Romero xunto ao presidente do Arosa, Manolo Abalo, na presentación do futbolista Alberto Martín
Jose Luis Romero xunto ao presidente do Arosa, Manolo Abalo, na presentación do futbolista Alberto Martín

O Arosa SC lamenta o falecemento do directivo da entidade Jose Luís Romero.

Desde o club queren destacar o traballo e compromiso que Romero mantivo sempre co Arosa, así como o seu sentimento arosista.

A xunta directiva ha querido tamén enviar "o noso maís sentido pésame" á familia, cunha mención especial para Joaquín Romero Iglesais e Álvaro Romero Seoane. 

"Unha agarimosa aperta aos seus familiares e achegados", conclúe o comunicado compartido en redes sociais.