O arxentino Julio César Porras, vencedor do ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo

Sanxenxo
29 de abril 2024

O ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo xa ten vencedor tras a final individual disputada este domingo nas pistas do Círculo Cultural Deportivo

Entrega de trofeos en el ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo

O ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo xa ten vencedor tras a final individual disputada este domingo nas pistas do Círculo Cultural Deportivo (CCD Sanxenxo).

Trátase do arxentino Julio César Porras, que superou no partido decisivo o chileno Diego Fernández Flores.

Porras, que compite pola Cultural de Sanxenxo, gañou de maneira clara en dúas mangas por 6-2 e 6-1 en 75 minutos de xogo.

"Foi unha semana moi intensa, bonita e moi especial para min, que estou a xogar na casa. A verdade é que é moi emotivo gañar no club que represento. Xoguei a final cun adversario moi duro que é Diego, co que teño unha gran amizade e iso tamén se notou especialmente no xogo porque entre nós non ía haber ningún problema", sinalou o vencedor do torneo.

Desde o CCD Sanxenxo pola súa banda valoran positivamente a incursión en torneos profesionais e como foi a semana de competición. "É un paso máis que había que dar. Despois de tantos anos organizando torneos para a base había que dar o salto cara ás competicións profesionais, e este é un deles", dicía Paco Hernández, presidente da entidade.