O Arxil, a recuperar sensacións na visita do Universidad Oviedo

Pontevedra
13 de novembro 2015

O conxunto verde recibe ao equipo ovetense no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (sábado, 19:30 horas) coa necesidade de conseguir un triunfo e deixar atrás a mala serie de resultados

Adestramento do Arxil no CGTD
Adestramento do Arxil no CGTD / Mónica Patxot

Partido importante para o Club Baloncesto Arxil, que necesita recuperar sensacións na Liga Feminina 2 despois de tres derrotas consecutivas.

O conxunto verde recibe no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (sábado, 19:30 horas), ao Universidad de Oviedo, penúltimo clasificado cunha vitoria menos que as pontevedresas.

As xogadoras adestradas por Mayte Méndez necesitan mellorar o seu acerto no tiro para volver ser o equipo que pelexou polos postos altos a pasada tempada. 

Ata o momento, o Arxil promedia un 36% de acerto en tiros de dous e un 29% desde a línes de tres puntos.

Mayte Méndez poderá contar para este partido coas súas xogadoras habituais, antes de que Rosinha Duarte abandone a disciplina do equipo para acudir durante 12 días á concentración da Selección Portuguesa.