Cortada a xeira que lle permitiu protagonizar o seu mellor arranque histórico na Liga Feminina 2 con 8 triunfos consecutivos, o Club Baloncesto Arxil quere retomar impulso e a senda a vitoria para consolidarse nos postos de play-off.
Para iso o conxunto adestrado por Mayte Méndez deberá superar este sábado (19.30 horas) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Maristas Coruña, noveno clasificado do grupo cun balance de 4 vitorias e 5 derrotas.
Será o segundo duelo entre ambos os dous equipos este curso tras o protagonizado en Copa Galicia con triunfo coruñés, aínda que por aquel entón o Arxil non contaba con pezas importantes como Heather Forster ou Ruth Adams.
Para vencer, asegura a adestradora pontevedresa, será necesario "xogar o noso baloncesto pero en certos momentos ter a cabeza fría, usar a cabeza máis que o corazón".
O obxectivo das verdes, colíderes, é buscar unha vitoria que permita manter canto menos en dous partidos a marxe co quinto posto.