O Arxil, ante dous partidos para recuperar sensacións

Pontevedra
23 de xaneiro 2020

O conxunto pontevedrés disputará os seus dous próximos partidos como local coa vista posta en conseguir a permanencia.

O Arxil, de visita no Concello para promocionar os dous próximos e decisivos partidos de liga
O Arxil, de visita no Concello para promocionar os dous próximos e decisivos partidos de liga / PontevedraViva

O Club de Baloncesto Arxil, que este ano está a sufrir para manterse na categoría, ten nos seas dous próximos partidos, os cales disputará como local, a posibilidade de conseguir un par de vitorias que lle axuden a respirar máis tranquilos de aquí a final de tempada. Desde o club transmiten tranquilidade, a capitá descarta calquera tipo de presión: ''Non, non sentimos presión. Nós imos gozar, a estar tranquilas e xogar como sabemos''

A capitá tamén comentou a recente incorporación de Johanna Puchetti: ''A fichaxe de Johanna vai ser moi favorable, vai dar calidade, hase integradoo moi ben na nosa forma de xogar e aparece para estes dous partidos claves. En canto á situación do equipo, di que queren recuperar sensacións, e demostrar que son un equipo que se caracteriza pola súa garra para darlle a volta a esta situación''

Joahanna tamén falou sobre a súa situación e a do club. Di que está moi contenta de unirse ao equipo e que vén sumar. En canto á situación actual do equipo explicou: ''Os resultados non acompañan pero hai moito sobre o que traballar. É importante que a xente veña a apoiar este sábado ao equipo. Son dous partidos que nos salvan a categoría. O merecen como equipo e como institución''

Desde o club fan un chamado a todas aquelas persoas afeccionadas ao deporte e á poboación en xeral pra animar ao Arxil nestes partidos tan importantes. Os partidos xogaranse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e a entrada será gratuíta para todos aqueles que queiran ver o partido.