O Arxil brilla no segundo cuarto e supera o Barakaldo (77-54)

Pontevedra
05 de novembro 2022

O Club Baloncesto Arxil fixo un case impecable segundo cuarto e iso foi suficiente para facerse coa vitoria sobre o Barakaldo a pesar dos intentos do conxunto vasco de obrar unha posible remontada  

Partido entre CB Arxil e Barakaldo no CTGD
Partido entre CB Arxil e Barakaldo no CTGD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil fixo un case impecable segundo cuarto e iso foi suficiente para facerse coa vitoria sobre o Barakaldo a pesar dos intentos do conxunto vasco de obrar unha posible remontada.

As de Mayte Méndez deixaron claro o que querían e, diante da súa afección, impuxeron un alto ritmo en defensa, que lle permitiu facerse cos rebotes, e estiveron do todo inspiradas en ataque chegando a ter unha diferenza de 11 puntos no primeiro cuarto.

O Barakaldo, con todo, reaccionou nos últimos instantes e reduciu distancias, pero non se imaxinaba o que lle esperaba despois (22-14).

E no segundo cuarto o Arxil fixo o que quixo, dominando todas as facetas de xogo que lle permitiron sentenciar ao cadro vasco cun parcial de 22-6 que mostraba un resultado de 44-20 ao alcanzar o descanso.

Tras o paso polos vestiarios, as verdes baixaron a intensidade e cederon o terceiro cuarto (12-14), pero o feito ata o momento xa era máis que suficiente para puntuar e moito tiñan que cambiar as cousas para non facelo.

Cos deberes feitos e un 56-34 chegouse os últimos 10 minutos, nos que Arxil e Barakaldo anotaron un parcial de 21-20 co que se asinou o 77-53 final.

Consulta as estatísticas do partido na seguinte ligazón