O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado

Pontevedra
26 de novembro 2021

O invicto Club Baloncesto Arxil ten este sábado (19:30 horas) un novo exame para seguir líder da Liga Feminina 2. E é que nin máis nin menos terá en fronte ao Almería, segundo clasificado con oito partidos gañados ás súas costas e tan só unha derrota

Partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Barakaldo no CGTD
Partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Barakaldo no CGTD / Cristina Saiz

O invicto Club Baloncesto Arxil ten este sábado (19:30 horas) un novo exame para seguir líder da Liga Feminina 2. E é que nin máis nin menos terá en fronte ao Almería, segundo clasificado con oito partidos gañados ás súas costas e tan só unha derrota.

Intratables na súa cancha con pleno de triunfos, o equipo almeriense destaca polo seu gran xogo exterior e por contar como principais bazas con D' Urso, Lucía Méndez, Irene Garrido, Djukic e Fernández, que se están inspiradas poñerán en perigo a imbatibilidade do Arxil.

Pola súa banda, as pupilas de  Mayte Méndez chegan á cita despois de vencer ao Melilla de forma apertada e mostrando o seu mellor nivel nos últimos cuartos, polo que "conseguir la consistencia a lo largo de los 40 minutos" é un dos obxectivos que expón o club verde, que terá un reto "mayúsculo" na visita ao segundo clasificado.

Pero Lino Vázquez móstrase optimista co equipo e destaca o "bloque" que forma o persoal esta tempada. "Unas veces aparecen un par de jugadoras, otras veces otras... Como fue el caso del encuentro ante el Melilla, el juego de equipo fue muy importante",  asegura Vázquez.