Despois de varios anos o Club Baloncesto Arxil volverá estar representado no organismo que rexe o destino da Liga Feminina 2.
O club pontevedrés será un dos tres equipos do seu grupo na Comisión Delegada que regula a competición.
Tras a votación de todos os clubs da liga, o Arxil saíu elixido xunto a Celta de Vigo e Lima Horta de Barcelona.
O representante do Arxil nesta comisión será o seu coordinador, Lino Vázquez, que terá así a oportunidade de defender de primeira man os intereses do club pontevedrés nunha liga que nos últimos anos cambiou en varias ocasións de formato, en canto a número de equipos e división territorial dos grupos.