O Arxil espera manter a súa liña de xogo e resultados fronte a un irregular Badaxoz

Pontevedra
05 de febreiro 2015

No partido da primeira volta, disputado en Badajoz, o Arxil conseguira vencer por un corpo marxe (70-74), o que demostra que se trata dun equipo con calidade, capaz do mellor e do peor

Acción de ataque de María González Centeno no partido entre Arxil e Universidad de Valladolid
Acción de ataque de María González Centeno no partido entre Arxil e Universidad de Valladolid / Diego Torrado

Este sábado a partir das 19:30 horas, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o C.B. Arxil enfróntase ao Badajoz, nun partido no que as rapazas de Mayte Méndez buscarán unha nova vitoria que as manteña na pugna con GDKO Bizkaia e Ensino polos postos altos da táboa.

Pode ser unha xornada importante, xa que se ben o conxunto bilbaíno ten un partido relativamente doado no seu feudo, contra Universidade de Oviedo, o Ensino viaxa a Vigo para enfrontarse ao Celta Selmark, rival complicado que, en caso de derrotar as lucenses, poderían permitir ao conxunto pontevedrés darlles alcance na clasificación.

Claro que para iso hai que impoñerse ao cadro pacense. Un equipo que marcha comodamente instalado en metade da táboa, con cinco vitorias e sete derrotas, nunha traxectoria marcada pola irregularidade, xa que dúas desas cinco vitorias foron conseguidas en pistas moi complicadas como a de Araski (52-55) e León (71-73), mentres que o Vilagarcia fixeron sufrir ao Cortegada para caer por un curto 51-45.

No partido da primeira volta, disputado en Badajoz, o Arxil conseguira vencer por un corpo marxe (70-74), o que demostra que se trata dun equipo con calidade, capaz do mellor e do peor.

Dende o club verde quérese facer un chamamento a toda a afección para que acuda ao estadio a axudar ao equipo a seguir sumando, nesta fabulosa tempada que está a realizar.