"Coa túa axuda, contribuirás a consolidar un dos clubs con máis historia da comunidade galega e do baloncesto feminino nacional". Así vende o Club Baloncesto Arxil a súa campaña de socios para a tempada 2014/2015.
A entidade verde fixou en só 20 euros o prezo do abono, co que a directiva pretende axudar a financiar o seu equipo absoluto, que aspira a pelexar polos postos de privilexio na Liga Feminina 2.
Segundo indica o propio Arxil para facerse socio do club é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].
Pola súa banda o prezo de inscrición para as categorías base fixouse en 120 euros para Preminibasket e Minibasket e de 200 euros para as xogadoras en idade Infantil, Cadete e Júnior.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.