O Arxil fixa en 20 euros o prezo dos seus abonos de tempada

Pontevedra
16 de setembro 2014

A entidade verde anima os pontevedreses a apoiar o seu novo proxecto contribuíndo á consolidación de "un dos clubs con máis historia da comunidade galega e do baloncesto feminino nacional"

Ana Martín, co balón no partido entre Cortegada e Arxil Diego Torrado

"Coa túa axuda, contribuirás a consolidar un dos clubs con máis historia da comunidade galega e do baloncesto feminino nacional". Así vende o Club Baloncesto Arxil a súa campaña de socios para a tempada 2014/2015.

A entidade verde fixou en só 20 euros o prezo do abono, co que a directiva pretende axudar a financiar o seu equipo absoluto, que aspira a pelexar polos postos de privilexio na Liga Feminina 2.

Segundo indica o propio Arxil para facerse socio do club é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo cbarxil@terra.com.

Pola súa banda o prezo de inscrición para as categorías base fixouse en 120 euros para Preminibasket e Minibasket e de 200 euros para as xogadoras en idade Infantil, Cadete e Júnior.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora