O Arxil imponse no derbi (52-44) e deixa fóra ao Celta da loita polo play-off

Pontevedra
22 de marzo 2015

As pontevedresas estiveron a gran nivel en defensa para lograr un triunfo clave na loita pola fase de ascenso

Partido entre Arxil e Celta Selmark no CGTD
Partido entre Arxil e Celta Selmark no CGTD / Diego Torrado

Importante triunfo para o Club Baloncesto Arxil na súa pelexa por entrar na fase de ascenso á Liga Feminina.

O conxunto verde impúxose no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ao Celta Selmark nun derbi provincial que se caracterizou pola gran defensa das xogadoras de Mayte Méndez.

O Celta logrou pechar con acerto o xogo interior do Arxil, deixando a Diarrá e Fallon Lewis en 2 puntos, pero ao contrario que noutras ocasións as pontevedresas lograron sobrepoñerse a iso.

Tirando do xogo colectivo, intensidade en defensa e con María Lago (21 puntos) asumindo galóns en ataque as verdes empezaron mandando timidamente (12-7 no primeiro cuarto) para ir ampliando a súa vantaxe antes do descanso (26-19).

Esa mínima renda de sete puntos resultou sufieciente ante os problemas en ataque das viguesas, que non ameazaron coa remontada ante o control local.

Con este triunfo o Arxil mantense na cuarta praza, que dá dereito ao play-off, e descarta o Celta, ata este partido rival directo.

CB ARXIL (52): Maimouna Diarrá (2), Ana Martín (8), Carla Fernandez (2), María Lago (21), Fallon Lewis (2) -cinco inicial- Ana María Román (13), María González (4), Cristina Díaz-Pache e Sandra Entenza.

RC CELTA SELMARK (44): María Canella (8), Laura Alonso (10), María Pérez, Candela Hermida (2), Minata Keita (5) -cinco inicial-, Cristina Loureiro (14), Inés Ribeiro (3), Iria Varela, Ángela Coello (2) e Salomé García.

Árbitros: Álvaro Cubero Rodríguez e Alejandro Pérez Freire. Sinalaron 17 faltas ao Arxil e 15 ao Celta. Sen eliminadas.

Parciais: 12-7, 14-12 (26-19, descanso), 10-10 (36-29) e 16-15 (52-44, final).

Incidencias: Partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). Uns 350 espectadores.