O Arxil Mafari volverá competir na liga galega, que suma dous novos equipos e divídese en dous grupos

Pontevedra
16 de agosto 2019

O filial do conxunto verde anuncia a incorporación da pivote Uxía Sureda, procedente do Ensino de Lugo e que chega a Pontevedra para estudar Ciencias do Deporte

Partido entre o Arxil e o Rioja ISB no CGTD de Pontevedra
Partido entre o Arxil e o Rioja ISB no CGTD de Pontevedra / Diego Torrado

O Arxil Mafari xa ten folla de ruta para a próxima tempada. O filial verde volverá competir na primeira división autonómica, que este ano experimentará profundas variacións.

A categoría pasa de 14 a 16 equipos e por primeira vez dividirase en dous grupos: norte e sur. Os catro primeiros de cada grupo disputarán un play- off polo título e ascenso, mentres que os catro últimos xogaranse o descenso en eliminatorias directas. A competición empezará o 20 de outubro.

Doutra banda, o Mafari pecha a incorporación de Uxia Sureda, que chega a Pontevedra procedente do Ensino de Lugo para estudar Ciencias do Deporte e continuar coa súa carreira no baloncesto nas filas do Arxil. Trátase dunha xogadora de 1,84 centímetros de altura que se desenvolve ben nas posicións de pivote e alapívot.