Importante triunfo para o Club Baloncesto Arxil en León (67-76) na difícil cancha do Aros. As verdes mostraron a súa mellor cara recuperándose do tropezo da semana pasada na casa.
O conxunto pontevedrés comezou o partido mandando, centrando o seu dominio na zona e cunha intensa defensa que as locais non eran capaces de abordar.
Así as verdes, con vantaxes non moi elevadas, se mantiveron por diante ata o descanso (32-38).
Non obstante o partido cambiou tras o intermedio e cun bo terceiro parcial o Aros León logrou remontar (54-52).
Non se descompuxo o Arxil e a súa saída no cuarto defenitivo sería determinante. Cun grande acerto de Diarrá (22 puntos e 12 rebotes) e María Lago (19) e Lewis (12) acompañando, as rapazas adestradas por Mayte Méndez colleron unha renda de dez puntos que as locais xa non poderían remontar.
Con este triunfo o Arxil mantense na zona nobre da clasificación con tres vitorias e unha derrota, a unha do líder Bizkaia.
AROS LEÿN (67): Natalia López (11), Lucía Pablos (10), Alba Peña (6), Mabel García (3), Aulani Sinclair (24) -cinco inicial- Ángela Alonso, Silvia Fernández, Virginia Martínez, María Herrero, Lucía Alonso (13).
CB ARXIL (76): Maimouna Diarrá (22), Ana Martín (3), Carla Fernández (7), María Lago (19), Fallon Lewis (12) -cinco inicial- Ana Román, María González (7), Cristina Díaz-Pache (2), Sandra Entenza (4).
Árbitros: González Cuervo e Rodríguez Pérez. Sen eliminadas.
Parciais: 15-19, 17-19, 22-14, 13-24.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón San Esteban de Léon.