O Arxil pon data aos seus partidos aprazados, con dúas xornadas en 24 horas

Pontevedra
12 de xaneiro 2021

O conxunto pontevedrés afrontará a fin de semana unha dobre cita na Liga Feminina 2, sábado pola tarde e domingo en horario matinal, para recuperar un dos duelos aprazados no seu día pola Covid

Partido entre Arxil e Maristas Coruña no CGTD
Partido entre Arxil e Maristas Coruña no CGTD /

Unha intensa fin de semana asómase no horizonte para o Club Baloncesto Arxil, con dúas xornadas en menos de 24 horas para recuperar un dos partidos aprazados no seu día pola incidencia da Covid.

O conxunto pontevedrés disputará un dobre compromiso na Liga Feminina 2, primeiro viaxando a Vigo para enfrontarse o sábado 16 (18.30 horas) o Celta, mentres que ás 12.00 horas do domingo visitará o Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Ibaizábal, aproveitando o seu desprazamento a Galicia para medirse o Rosalía.

O Arxil tentou sen éxito adiantar o duelo ante o Celta, pero a falta de dispoñibilidade de pista no pavillón de Navia imposibilitou o acordo.

Ademais desta dobre cita, as verdes recuperarán a outras xornada perdida o venres 19 de febreiro ante o Tias Magic canario, aproveitando o seu desprazamento ás illas para medirse o domingo 21 ao Adareva de Tenerife.