O Arxil recibe os test de COVID que aseguran poder empezar a liga o 10 de outubro

Pontevedra
02 de outubro 2020

O atraso na subministración dos test aos clubs da Liga Feminina 2 provocou o aprazamento da primeira xornada de competición, prevista para este sábado 3 de outubro

Primeiro adestramento do Club Baloncesto Arxil 20/21
Primeiro adestramento do Club Baloncesto Arxil 20/21 / Mónica Patxot

O problema que obrigou a aprazar a primeira xornada da Liga Feminina 2 de baloncesto parece solucionado.

A Federación Española de Baloncesto (FEB) decidiu pospoñer unha semana o inicio da competición, previsto para este sábado 3 de outubro, ante os problemas de subministración que impedían aos clubs contar cos test de COVID que deben realizar antes de cada xornada coa previsión necesaria.

Durante as tres primeiras xornadas é o propia FEB a que custea estas probas, que serán realizadas polos seus servizos médicos.

Tal era o atraso cos test que o Club Baloncesto Arxil tiña previsto realizalos este mesmo venres, a 24 horas do seu debut en liga en lugar das 72 horas que esixe o protocolo.

Agora, o club pontevedrés confirmou a recepción das probas de detección de COVID, o que asegura poder cumprir coa normativa para a segunda xornada de liga, a que o sábado 10 de outubro enfrontará no seu caso a domicilio ao Arxil co Maristas Coruña.

En canto ao duelo aprazado fronte ao Baxi Ferrol, ambos os dous clubs iniciou os contactos para poder xogar o encontro antes de que conclúa o mes de outubro.