O Club Baloncesto Arxil reencontrouse coa vitoria despois dun gran último cuarto no que remontou para superar pola mínima ao Alhaurín de la Torre.
O conxunto local foi dono do partido desde o principio, onde as xogadores de Mayte Méndez estiveron moi imprecisas de fronte ao aro e atopáronse coa obrigación de remontar.
Ata 13 puntos chegou a ter de vantaxe o Alhaurín sobre un Arxil que tiña que facer algo se quería conseguir o primeiro triunfo do ano. Parou o tempo a adestradora verde aos 4 minutos do segundo cuarto e Nerea Liste botouse ao equipo ás costas, obrando uns moi bos instantes que serviron para reducir distancias de fronte ao terceiro acto (27-22).
Despúes do paso polos vestiarios, o Arxil colocouse a tan só un punto do empate grazas aos catro puntos anotados por Buzadzin pero, nun visto e non visto, as locais volveron facerse donas do partido. Mentres, as pontevedresas mostrábanse rengueantes e atopábanse cun parcial en contra doutros 10 puntos que se converteron en nove ao final do terceiro cuarto. Tocaba remar ao contraxeito.
Desta forma, grazas aos tiros libres e ao acerto de Buzadzin e Ruth Adams, con 17 e 15 puntos respectivamente, o Arxil deu a volta ao marcador cando aínda quedaban cinco minutos de partido. Estaba o triunfo en xogo e calquera podía gañar, un mínimo erro a partir dese momento podía saír caro.
Entrábase na recta final, quedaban 41 segundos e Alhaurín pedía tempo morto cando o marcador mostraba un 57-58. Roubou o balón Adams, e parou o tempo Mayte Méndez, era a quenda de sentenciar. Con todo, María García fallou no seu pase e perdeu o balón, deixando a que parecía a última posesión ao conxunto local.
Non lle tremeu o pulso a Virual para anotar o 59-58, pero quedaban aínda oito segundos que podían cambialo todo. Unha falta por parte do Arxil parou o cronómetro e deu dous tiros libres ao Alhaurín, que non foi capaz de transformar para fortuna das pontevedresas, que gozaban, esta vez si, do último ataque do duelo.
Cometeu falta Moyano e Ruth Adams anotou, por partida dobre, senllos lanzamentos que lle outorgaba o conxunto arbitral. Quedaban todavía 3 segundos, pero o Arxil soubo aguantar ata o suspiro final para facerse coa primeira vitoria do ano e seguir líder da categoría.
Consulta as estatísticas do Alhaurín de la Torre-Arxil