O Arxil renova a Noa Casalderrey e xa pensa no inicio da pretempada

Pontevedra
18 de agosto 2018

A canteirá está chamada a ter maior protagonismo esta campaña no primeiro equipo, aínda que seguirá alternando presenzas co filial

Partido entre Arxil e Universidad de Oviedo no CGTD
Partido entre Arxil e Universidad de Oviedo no CGTD / Diego Torrado

Segue dando pasos o Club Baloncesto Arxil cara ao inicio da pretempada, fixado para dentro de dúas semanas.

O último foi a renovación de Noa Casalderrey, unha das poucas pezas que faltaba por confirmar na configuración do plantel.

A canteirá está chamada este ano a adquirir maior protagonismo no primeiro equipo na Liga Feminina 2, aínda que seguirá alternando presenzas co filial.

Aos seus 22 anos, Casalderrey pasou por todas as categorías de formación do club.

Noa súmase así a un plantel no que xa figuraban Carla Fernández, Arantxa Mallou, Aldara Vázquez, María Lago, Gala Mestres, Cristina Díaz-Pache, Janea Williams e Sierra Clark.