O Arxil retoma a competición decidido a baixar da nube o Baxi Ferrol

Pontevedra
27 de outubro 2020

O equipo pontevedrés recibe esta tarde ás 20.30 horas no CGTD, cun aforo limitado a 60 persoas, un líder terrorífico: pleno de vitorias e unha media de 88 puntos anotados e só 36 recibidos por partido

Terceira xornada de Liga Femenina 2 entre Arxil y Celta Zorka
Terceira xornada de Liga Femenina 2 entre Arxil y Celta Zorka /

O Arxil retoma este martes a competición logo de sufrir a suspensión do seu último partido contra o Rosalía polo positivo de catro xogadoras da escuadra santiaguesa. A partir das 20.30 horas, as de Mayte Méndez buscarán afianzar o seu bo inicio de competición dando a sorpresa ante un dos equipos favoritos, o Baxi Ferrol.

Como consecuencia das novas restricciones sanitarias, só poderán acceder á bancada do CGTD 60 afeccionados, polo que o club dará prioridad ás xogadoras e socias da entidade. "Entendemos os inconvenientes pero a saúde está por encima de todo", puntualizan desde o club, ao mesmo tempo que informan de que o partido poderá seguirse en streaming en directo por Canle FEB.

No plano deportivo, as verdes terán que facer fronte a un equipo que aínda non coñece a derrota. Tres vitorias en tres partidos acumulan as ferrolanas. A estatística tamén está en contra das pontevedresas, que promedian 67,5 puntos por partido fronte aos 88,5 das coruñesas. En defensa tampouco hai moito luga para o optimismo. Mentres o Arxil recibe uns 67 puntos de media por choque, o Baxi Ferrol só encaixa 36. Con todo, ese desequilibrio non asusta ás de Mayte Méndez que son conscientes de que terán que ofrecer a súa mellor versión para asestar a primeira derrota ao as de Lino López.

"Queremos afrontar este encontro pelexando cada minuto, cada cuarto e por que non o partido", declara a adestradora Mayte Méndez que poderá contar con todo o seu plantel ao completo despois de que os test de coronavirus volvesen dar unha semana máis todos negativos.