O bádminton do CGTD colleita catro medallas no europeo de Ankara

Pontevedra
06 de agosto 2019

Os xuvenís Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez conseguiron tres medallas de prata nas competicións individuais e dobres mixtos, mentres que Ana Setién fíxose co bronce

Ania Setién, Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez, xogadores de bádminton becados no CGTD, lograron catro medallas no europeo de Turquía
Ania Setién, Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez, xogadores de bádminton becados no CGTD, lograron catro medallas no europeo de Turquía

Tres xogadores de bádminton do Centro Galego de Tecnificación Deportiva regresaron a Pontevedra con catro medallas despois de participar na proba do Campionato de Europa sub 17 que se celebrou a pasada fin de semana na capital turca de Ankara.

Lucía Rodríguez, do Bádminton As Neves, e Jacobo Fernández, do San Amaro, fixéronse coa medalla de prata na modalidade de dobres mixtos. O mesmo metal que conseguiron na competición individual. Nas finais, os galegos caeron contra a parella turca formada por Burac e Betkas, mentres que no cadro individual foi Yemisen e Sarac os verdugos. 

Pola súa banda, Ana Setién (CB Cíes) quedou a un paso da final tras caer en semifinais, aínda que no partido polo terceiro posto puido resarcirse e colgarse finalmente a medalla de bronce.

Os tres xogadores están convocados para disputar a primeira semana de setembro o campionato de Europa xuvenil en Polonia.