Oito derrotas consecutivas son demasiadas para calquera equipo. O Xuventú Sanxenxo segue en caída libre e volveu perder, nesta ocasión fronte ao Bergantiños, pasando de coquetear coa zona nobre a asomarse perigosamente aos postos de descenso.
Máis erros que acertos por parte de ambos os dous equipos na primeira parte e melloría local na segunda. Os de Carballo adiantáronse no marcador nun corner lanzado por David García, que rematou de cabeza Ekedi.
Case sen tempo para reaccionar do golpe, o Sanxenxo encaixou o segundo nun disparo de Roberto Piñeiro á escuadra. Logo o Bergantiños apuntalou a súa defensa intentando pechar todos os camiños cara á súa área, ata que Suso Vidal recortou distancias nos últimos minutos nunha falta directa, pero xa non tiveron opcións de conseguir o empate, malia o seu pulo final.
BERGANTIÿOS CF (2): Cristopher, Borja Facal, Aarón, Canedo, Lista, Míguez, Moreira (Pablo, min. 78), David García (Germán, min. 55), Ekedi, Roberto Piñeiro, Denis (Astray, min. 46).
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vila, Diego Peña, Mateo, Guillermo, Alfonso, Chapela (Suso Vidal, min. 11), Pablo Lede (Emilio, min. 73), Jonatan, Cuchi, Ramón, Rubén (Muradas, min. 68).
Árbitro: González Sobrado. Amoestou a Ekedi, Borja Facal e Germán no Bergantiños e a Cuchi, Jonatan e Guillermo no Sanxenxo.
Goles: 1-0 Ekedi (min.47), 2-0 Roberto Piñeiro (min.51), 2-1 Suso Vidal (min.85).
Incidencias: Partido disputado no campo das Eiroas, Carballo.